5º DESENCONTRO ENEMIGO (08-12-2005)
Monforte 2005

Durante os días 8, 9 e 10 de decembro celebrarase a quinta edición do “desencontro enemigo” reunión homenaxe o grupo musical “Los enemigos”.

Comezará as nove da noite do xoves e como prato forte do día os concertos no Pub Caimán dende as doce da noite ca actuación dos grupos La Blues Van de Viños, Meskalina e os monfortinos Doc Magoo's.

O venres comida a base de polbo e viño, partido de futbol-sala as 17:30 h, as 21:30 pregón no Pub Caimán para continuar a festa as 22 h ca actuación de grupos de Monforte interpretando versións de temas de Los Enemigos .

O sábado, as 17:30 proxección de duas películas na Casa da Cultura do Concello e as 22:30 h concerto a cargo de Los Marrones, Lapanaback e un recital acústico de Josele Santiago (exlider de Los Enemigos) con Pablo Novoa, ex guitarrista de Golpes Bajos presentando o seu primeiro disco en solitario: “Las golondrinas” no Pub El Otro.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Requesound >>
Foro de Los Enemigos >>

Novas relacionadas  




info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©