|
Fotos de Palestina en Ribas do Sil (17-12-2003)
O dezanove de decembro inaugurarase a exposición “Palestina, fogar de inxusticia” que consta de fotografías obtidas polo periodista Manuel Valcárcel natural de Monforte nos territorios palestinos ocupados por Israel. A exposición estará acompañada por unha mesa redonda sobre o conflito palestino-israelí que comenzará ás oito da tarde no salón de plenos do concello, intervindo o médico e escritor Mohamed Safa.
|