|
“SOÑOS IRREAIS” (01-02-2012)
Exposición de pintura en Monforte de Lemos
A Exposición de pintura "Soños irreais", que se poderá visitar na Casa da Cultura entre o 2 e o 28 de febreiro de 2012, inclúe as obras máis carismáticas da pintora galega Novais.
Os seus cadros son o resultado da busca de distintas formas de expresión dentro da arte e así ofrecer ao espectador unha temática variada, onde o dominio da forza e as súas formas mostran unha pintora con carácter.
A mostra remarca a relevancia que Novais concede ás distintas técnicas e estilos. O seu é un universo ecléctico e creativo que permite que a mirada curiosa teña un abanico de posibilidades visuais ao seu alcance.
|