|
FESTAS GASTRONÓMICAS EN MACEDA (20-10-2011)
Festa da zorza e magosto popular
O día 29 de outubre de 2011, na Praza das Toldas de Maceda ás 20:30 h., a Asociación Cultural e Gastronómica "Taberneiros do Pobo" en colaboración co Concello de Maceda, organizan a 6ª edición da Festa Gastronómica da Zorza; na que o menú estará composto por: empanada de zorza, zorza, panceta, pan e viño por un prezo de 5 euros.
O día 5 de novembro, no a Asociación de veciños do pobo de Chaioso, organizan o “Magosto Popular”. O menú estará composto de: empanada, panceta, chourizos asados, castañas, postre, pan, viño e chupitos.
A venda de Tickets: Bar Plaza, Bar 2000 e Pub Cronos cun prezo de 5 euros.
Para amenizar a festa a actuación do grupo de música de Mari Mar Rivero, concursante do programa Luar da TVG.
|