|
Artelemos regresa o 6 de agosto (01-08-2004)
Feira de artesanía en Monforte
Como preludio ás festas patronais, celébrase en Monforte a novena edición da feira Artelemos do 6 ao 10 de agosto. Mostrarán o seu traballo artesáns de distintas comunidades españolas ademáis de contar con actividades de demostración e talleres infantís para iniciar aos máis pequenos no mundo da artesanía. Esta feira organizada pola Fundación Comarcal "Terra de Lemos", a Asociación de Artesanos, o Concello de Monforte e Caixa Galicia pode visitarse na rúa Cardenal de Monforte de once a dúas pola mañán e de seis a dez pola tarde.
|