EXPOSICIÓN IX BIENAL DE PINTURA (01-09-2011)
O Eixo Atlántico en Monforte
Entre o 6 e o 28 de setembro de 2011 de luns a venres e en horario de 17:00 h a 21:00 h poderá visitarse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos a exposición IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico foi inaugurada en Carballo o pasado mes de febreiro e percorreu xa Carballo, Vilagarcía, Barcelos, Chaves, Verín, Ourense e Lalín antes de chegar á nosa cidade. A mostra seguirá posteriormente e ata finais do próximo 2012 percorrendo a maioría das cidades que integran a entidade transfroiteiriza.
A exposición está formada por 30 obras, sobre máis de 200 presentadas por artistas de Galicia e do norte de Portugal. A pontevedresa Monserrat Frieiro Dantas foi o primeiro premio da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico pola obra Camino. O segundo premio á mellor obra portuguesa foi para Miguel Vasconcellos pola obra 20 cabeças e o segundo premio á mellor obra galega foi para Joseba Muruzábal Pérez pola obra Chevy. Momento de reflexión. Pola súa parte Raquel Iglesias Gándara foi a ganadora do premio ós novos talentos luso-galaicos.
O obxectivo da Bienal de Pintura é o impulso á creatividade dos artistas e á creación do valor engadido no patrimonio artístico da eurorrexión así como reforzar a cultura como eixo da cooperación transfronteiriza.
|