|
IXª FESTA DA CEREIXA (01-06-2011)
Festa do Aceite de Ribas de Sil
Os días 4 e 5 de xuño de 2011 ca colaboración do Concello de Ribas de Sil e a Deputación Provincial de Lugo celebrase a IX festa da Cereixa e do Aceite de San Clodio na Praia Fluvial de San Clodio en Ribas de Sil co seguinte programa:
O sábado 4 pola mañá pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas e apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas. Ás 15:45 h. recepción dos veciños de Toral de Los Vados na estación de tren. Visita á Praia Fluvial. Ás 19 h. fútbol. 3º Trofeo da Cereixa na área deportiva da praia fluvial para rematar o día sobre ás 21 h. coa actuación dun grupo musical.
O domingo 5 pola mañá pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas, apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas e productos típicos. Ás 11 h. xogos infantís na praia fluvial e ás 13 h. Pregón a cargo do Sr. Cura-Párroco de San Clodio D. Manuel Areán Fernández. Pola tarde, ás 20 h. actuación do grupo Álvaro Muras co espectáculo «Ao Ritmo da Maxia» e Clausura da Festa.
|