VI FEIRA DO VIÑO DE BELESAR (01-05-2011)
Cereixas e Viño en Chantada

Entre os días 14 e 15 de maio de 2011 celebrase en Chantada a VI Feira do Viño e das Cereixas de Belesar co seguinte programa:

O sábado 14 ás 12:30 h Pregón da Feira a cargo de Victor Manuel Vázquez Portomeñe, entrega de premios ás adegas participantes e nomeamento de Cabaleiros do Viño. 13 h. Sesión Vermú amenizada coa actuación do Grupo Pasión. 16 h. actuación da Charanga Los Jalácticos. 19 h. actuación da Charanga La Vaka Pinta. 22 h. actuación do Grupo Pasión para rematar a 1 ca actuación do grupo de rock os Fabulosos Kubatas - The Fucking Brothers.

O domingo 15 ás 12:30 h. sesión vermú coa actuación do Grupo Lembranza. 16 h. actuación do grupo pandereteiras “Amigas da Muiñeira” do Carballiño. 19 h. actuación do fantástico Grupo Lembranza.

Os dous días haberá postos de venta de viño da Ribeira Sacra e cereixas, polbo, comida típica de feira , embutidos e unha demostración de cestería artesá.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Concello de Chantada >>

Novas relacionadas  




info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©