|
LETRAS GALEGAS 2011 (01-05-2011)
Espectáculo Mundo Lois en Monforte
Mundo Lois, espectaculo para achegarse a figura de Lois Pereiro, escritor monfortino ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011 o xoves 28 de abril a partir das 20:15 h no Edificio Multiusos, que xorde dunha idea de Antón Reixa dirixido por Lino Braxe e interpretado polo propio Lino Braxe e Antela Cid.
Mundo Lois co fío condutor dos propios textos de Lois Pereiro na voz dun actor, unha actriz e unha ambiciosa escenografía audiovisiual apoiado nunha intensa e constante banda sonora pretende subministrar a calquera espectador unha visión fonda, sedutora e interdisciplinar da personalidade do escritor monfortino.
Aínda que o espectáculo está dirixido a xente dun amplo abano de idades, o feito de que este ano das Letras Galegas estea dedicado a un escritor tan próximo no tempo e que traballou en claves moi elaboradas da escrita de avangarda e da cultura popular xuvenil supón unha oportunidade singular para interesar pola cultura de expresión galega a novos públicos.
Esta actividade, organizada polo Concello de Monforte de Lemos e patrocinada pola Vicepresidencia Primeira (Cultura) da Deputación de Lugo, forma parte dun programa de actos en homenaxe ao gran escritor monfortino Lois Pereiro no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
A entrada a este espectáculo é libre e gratuíta.
|