|
XXIX FEIRA DO VIÑO (02-04-2011)
En Quiroga
O 22, 23 e 24 de abril de 2011 celebrase en Quiroga a XXIX feira do Viño de Quiroga co seguinte programa:
Día 22
VII Carreira Popular Feira do Viño a partir das 17 h. Organiza a Área de Deportes do Concello de Quiroga cunha distancia: de 100 a 9.400 m. Depende das categorias, máis información en quirogadeportes@hotmail.com,ou no fax 982428808
Día 23
17 h. Pasarrúas a cargo da Banda de gaitas “San Martiño”.
18 h. Recepción das autoridades na Casa Consistorial.
18.30 h. Inauguración do recinto feiral.
19 h. Actuacións musicais no Auditorio Municipal da Coral Polifónica de Quiroga, Banda de gaitas “San Martiño”, Grupo de danza “San Martiño”. Entrega de premios no Auditorio Municipal: VIII Certame “Cartas de Amor Vila de Quiroga” e do Concurso de Debuxo Infantil.
20.30 h. Pregón a cargo de Paz Padilla no balcón do Concello.
21 h. Festa popular co grupo “Limón”.
Día 24
11 h. Pasarrúas a cargo da Banda de gaitas “Os do Recanto”.
12.30 h. Recepción das autoridades na Casa Consistorial.
18 h. Actuación da charanga “Terras do Bibei” no recinto da feira.
Durante toda a feira Exposición de artesanía de Dna. Dolores Núñez Salgueiro (Loli) no Museo Etnográfico e de pintura e fotografía de Iago Eireos Franco na sala de exposicións da Casa da Cultura.
|