|
IX FEIRA MEDIEVAL (14-04-2011)
Retorno o pasado en Monforte
As rúas da zona histórica de Monforte de Lemos serán o escenario da IX Feira Medieval que terá lugar o sábado 23 de abril de 2011 organizada polo Concello de Monforte de Lemos e o patrocinio da Vicepresidencia Terceira (Turismo) da Deputación de Lugo.
O programa de actos será o seguinte:
10 h apertura nas rúas Bailén, Santo Domingo, praza de España, rúa do Comercio e praza do Doutor Goyanes de paradas de artesanía, comidas, bebidas, etc.
12 h Inauguración na Praza de España e durante todo o día o mercado estará animado por espectáculos de maxia, malabares, xigantes, fauno e músicos. As paradas de tiro e de cetrería sitúanse no adro da Régoa durante toda a xornada. Talleres e xogos infantís estarán colocados na praza de España. Tamén contaran con taller de la e destilación de esencias.Pola noite espectáculo de lume polas rúas do mercado ata finalizar na praza de España.
22 h Subida dende o Campo da Virxe cara ao Palacio Condal do Parador con fachos e música de percusión que acompañará a todos os que desexen participar na cea medieval.
|