|
FOTOGRAFÍA ANTIGA (02-01-2011)
Exposición en Monforte
A “Asociación Cultural Amigos da Pandeireta” realizou durante o mes de novembro de 2010 un “Concurso de Fotografía Antiga de Monforte de Lemos e Comarca” co obxectivo de comezar unha recompilación de fotografías representativas da cultura tradicional galega nesta comarca e poder contar con esta exposición, que estará a disposición de calquera organismo ou asociación que poida estar interesada e, ademais, irase ampliando a medida que a asociación reciba máis aportacións.
A exposición consta neste momento de 26 paneis tamaño A2 nos que se reparten unhas 165 fotos, entre as presentadas ao concurso e algunhas máis que diferentes persoas cederon para esta ocasión.
Ata o día 13 de xaneiro na Casa de Cultura en horario de tarde (de 16:00 a 22:00)
|