|
CAMIÑOS DE CULTURA (01-07-2010)
Actividades culturais na Ribeira Sacra
Dentro de “Camiños de Cultura” organizado pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo e con colaboración dos distintos departamentos de cultura dos concellos participantes chega a programación de actos do programa GaliciaMóvese co seguintes eventos:
Mes de Xullo de 2010:
A Peroxa, no Castelo ás 21 h.:
Día 10 - Narración oral con “O falar non ten cancelas” con Abrapalabra Creacións Escénicas.
Día 31 teatro con “Lazarillo” de Caramuxo Teatro
Pobra de Trives na Praza Doutor Paz ás 21 h.;
Día 25 Música con “Campo de Estrelas”
Baños de Molgas ás 21 h.:
Día 24 maxia con Dani García con “Nada na manga”
Carballedo
Día 15 Novo Circo “O Bar de Lupo” ás 19 h.
Día 23 Rock con “Fainotí” ás 23 h.
Día 26 maxia con Dani García
Nogueira de Ramuín na praza de Luintra ás 20:30 h.
Día 16 monicreques con “Titiricircus” de Tanxarina Títeres
Parada de Sil no Campo da Feira
Día 10 ás 19 h. monicreques con “Carapuchiña vermella ou o conto do lobo” de Danthea Teatro
Día 23 ás 20 h folk-tradicional con “Asdúas, dúo de acordeóns”
Quiroga ás 20 h.
Día 24 Novo circo con “Ciganí&Cía”
Ribas de Sil ás 21 h
Día 31 funk con “Ao ritmo da maxia” de Álvaro Muras
Sober ás 19 h. nas Piscinas Municipais:
Día 16 novo circo con “Manualidades”.
|