CAMBIO CLIMATICO (01-03-2010)
Exposición en Monforte
Organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte de Lemos que conta coa colaboración da Concellería da Cultura terá lugar dende o día 1 ata o 23 de marzo de 2010 a exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que poderá visitarse no Edificio Multiusos de Monforte.
Esta exposición, que está baseada no proxecto CLARITY- Acción Educativa por el clima, pretende contribuír ao coñecemento do fenómenos do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
A producción da mostra correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
|