VIÑOBÚS VENDIMA 2009 (04-09-2009)
Excursións pola Ribeira Sacra do 16 ao 27 de setembro

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza do 16 ao 20 e do 23 ao 27 de setembro o programa Viñobús Vendima 2009. Trátase de excursións de medio día que permitirán ao visitante saborear a comarca da Ribeira Sacra en todas as súas facetas, ademais do seu viño, durante a época da vendima: o patrimonio, a paisaxe, a gastronomía,… A actividade está financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

As rutas definiranse en función do comezo da vendima en cada unha das subzonas da denomización de orixe (D.O). Así, a partir do vindeiro mércores 16 de setembro haberá saídas dende Ourense (Parque San Lázaro), Castro Caldelas (Praza Maior), Monforte de Lemos (praza da Compañía), Chantada (Casa da Cultura) ou Pobra de Brollón, en horarios de 10:00h a 14:00h ou de 16:00h a 20:00h.

O prezo da excursión é de 4 euros e inclué o transporte en microbús, guía acompañante, visita a unha adega e cata comentada, visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra, degustación dun caldo D.O. e entrega dun agasallo. O billete cómprase no mesmo autobús.

Contacto e reservas
Para máis información sobre as rutas habilitadas para cada día e reservas, os teléfonos de contacto son os 606 428 286 e 638 823 592; ou a Oficina de Información Turística máis próxima.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.
Excursións ViñoBus Vendima 2009 >>

Novas relacionadas  




info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©