|
CARTA DE BARQUEIRO (11-07-2009)
Xullo e Agosto en Monforte
Dentro do Verán no Cabe 2009 terá lugar novamente a actividade Carta do Barqueiro, obradoiro de iniciación á navegación en barca tradicional para rapaces e rapazas de ata 13 anos.
Será durante os meses de xullo e agosto os xoves e venres de 11:30 a 13:00. A inscrición nesta actividade é gratuíta e pode realizarse na Oficina Municipal de Turismo de Monforte de Lemos.
Verán no Cabe 2009 está organizado pola Asociación Barcas do Minho e a Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos e patrocinada por S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Tamén se conta co apoio da Federación Galega pola Cultura Marítima Fluvial e de Adegas e Viñedos Lareu.
|