|
PASEOS EN BARCA POLO CABE (01-07-2009)
Xullo e agosto en Monforte
Durante os meses de xullo e agosto o río Cabe será escenario dunha interesante ao tempo que divertida proposta: os PASEOS EN BARCA.
Estes desenvolveranse polas mañás de 11:30 a 13:30 de xoves a domingo e polas tardes de 18:00 a 22:00 de martes a domingo e farán que as augas do río sexan novamente un referente lúdico e refrescante no verán da cidade.
A actividade está organizada pola Delegación de Cultura Concello de Monforte de Lemos e a Asociación Barcas do Minho e co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Tamén prestan o seu apoio a Federación Galega pola Cultura Marítima Fluvial e Adegas e Viñedos Lareu.
|