|
BUXIGAINA (02-07-2009)
Teatro en xullo e agosto
A Área de Cultura da Deputación de Lugo desde o Consello da Cultura crean o proxecto teatral Buxiganga. Poñerase en funcionamento unha serie de actuacións dos grupos de teatro afeccionado, que baixo a creación dun circuíto teatral con diversas actuacións:
Mes de xullo
Sábado 4 ás 21 h. en Ribas de Sil o grupo “A Adala” ca obra “Fobias con Amor”
Sábado 11 ás 22 h. en Ribas de Sil o grupo “Raiolas” ca obra “Un mal día”
Venres 17 ás 22 h. en Pobra do Brollón o grupo “Biblioteca Antas de Ulla”ca obra “Hostia”
Mes de Agosto
Sábado 1 ás 22 h. en Pobra de Brollón o grupo “Nova Escena” ca obra “Pensión trece”
Venres 7 ás 22 h. en Pobra de Brollón o grupo “Axóuxeres” ca obra “O Velorio de Xan Perolo”
Sábado 8 ás 21:30 h. en Ribas de Sil o grupo “Biblioteca Antas de Ulla” ca obra “Hostia”
Domingo 16 ás 22:30 h. en Chantada a “Asociación Cultural Falcatrueiros” ca obra “Morte no garaxe”
Sábado 22 ás 22 h. en Pobra do Brollón o grupo “Achadego” ca obra “O libro de ler e desler”
|