|
TEATRO EN MONFORTE (01-01-2009)
Programación da Rede de Teatros e Auditorios
As representacións teatrais correspondentes á programación da Rede de Teatro e Auditorios da Xunta de Galicia, actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Monforte, regresan a Monforte no primeiro semestre de 2009 elixindo como día de representacións os seguintes domingos:
25 de xaneiro coa obra “Chicho e a Santa Compaña” da “Compañía Lambriaca Teatro”.
15 de febreiro a “Compañía Talía Teatro” ca obra “E ti, qen vés sendo?”.
15 de marzo a obra “Lagarta Lagarta” que representará “Aeroplanos”.
26 de abril a “Compañía Teatro Galileo” ca obra “Náufragos”.
Terán lugar no Edificio Multiusos a partir das 19 h co prezo da entrada xeral de 4 euros e para estudantes, xubilados e parados será de 2 euros.
|