|
"GALICIA EN FOCO" (12-07-2008)
Exposición Fotográfica en Monforte
Dende o 12 ata o 27 de xullo do 2008 pode ser visitada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos a mostra fotográfica Galicia en Foco.
Esta mostra chega no presente ano á súa XVIII edición e foi confeccionada polo Club de Prensa de Ferrol. A exposición recolle fotografías de prestixiosos fotoxornalistas galegos sobre diferentes realidades da nosa Comunidade Autónoma en 2007.
|