|
FESTA DÁ CARNE COCIDA AO CALDEIRO (22-04-2007)
Actividades en Carballedo
O domingo 22 de abril de 2007 celébrase en Carballedo a “VII edición da Festa da Carne Cocida ao Caldeiro” organizada pola asociación de veciños e onde haberá espazo para as charlas, monicreques, música e como non, gastronomía.
Dando a importancia que a gandería ten nesta casa do concello os visitantes degustarán a carne cocida, empanada, viño da zona e sobremesas típicos. A festa comezará xa o venres e o sábado con conferencias sobre o estado actual da agricultura e a gandería en Galicia e en particular en Carballedo. O domingo a Banda Cultural de Carballedo comezará co pasacalles e un concerto, tamén a obra Jiñol de monicreques da compañía Trompicallo, tamén o grupo de música popular “A requinta de Xián” amenizará musicalmente toda a xornada.
|