"SAN MARTIÑO" (10-11-2006)
Festas en Quiroga
Organizadas pola área de Cultura do concello de Quiroga terán lugar as festas de San Martiño que comezarán o día 10 novembro de 2006 ás 20h. cunha pancetada na praza maior e cá animación do grupo de gaitas “Os do recanto” e con Pepe de Trives.
O pasarrúas ca banda de gaitas “San Martiño” dará comezo as actividades do día 11 que terán como centro a misa solemne e a procesión as 12h. despois música con “Os do Recanto” e “San Martiño”. Pola tarde, xogos populares e conferencia na Casa da Cultura baixo o titulo “Colleita e comercialización de polen” ás 16h. Xa as 19h. magosto na praza maior e festa ca orquestra “Melodía”
O día 12 se celebra a III Carreira Popular “San Martiño” organizada pola área de Xuventude e Deportes con tres circuítos para cada grupo de idade. Para mais información no teléfono 982 428 808 ou no deportesquiroga@hotmail.com
|