O buscador que poñemos a súa disposición, realiza as buscas sobre tres Bases de Datos propias:
Novas de actualidade aparecidas en Ribeira Sacra
Contidos divulgativos
Direccións de Internet relacionadas coa Ribeira Sacra.
A busca realízase sobre o apartado escollido e filtra os resultados que conteñen TODAS as palabras introducidas polo usuario. Para mellorar as buscas elimínanse tódalas palabras de menos de tres letras. O texto introducido pode aparecer en calquera lugar da BD e non ten porque ser palabras independentes. (Ex: Se introduce casa encontraría casa, casas, casamento, descasado, etc.).
Para que a busca sexa o máis precisa posible recomendámoslle que:
Empece buscando unha soa palabra e se aparecen moitos resultados, engada máis palabras para restrinxir a busca. Lembrámoslle que só se filtrarán os resultados que conteñan TODAS as palabras buscadas.
Da igual a orde na que escriba as palabras.
Da igual escribir en maiúsculas ou minúsculas.
Non é necesario poñer tiles.
Inclúa palabras en singular mellor que en plural.
NON é necesario o uso de comiñas.
O buscador NON admite operadores lóxicos na busca.
Unha vez mostrados os resultados nunha BD pode buscar o mesmo nas outras BDs utilizando as ligazóns que aparecen ao final dos resultados; é dicir se buscou en "novas" poderá buscar tamén o mesmo en "buscar contidos relacionados" e "buscar en internet".
Aparte das buscas tamén é posible utilizar o directorio para explorar as direccións de Internet, agrupadas por categorías.
Vostede mesmo poderá engadir ligazóns á BD utilizando a opción de "Alta". As ligazóns recibidas serán examinadas e se efectivamente son acordes ás condicións establecidas, serán inmediatamente incorporadas á nosa BD.
Neste senso, haberá de terse en conta que NON se admitirán ligazóns que se considere:
Non garden relación algunha coa Ribeira Sacra.
Non respecten os principios enunciados na Declaración Universal dos Dereitos do Home.
Atenten contra o interese xeral ou contra a dignidade e integridade das persoas.
No afán de ofrecerlle a mellor e máis ampla información da maneira máis sinxela, un innovador sistema de xestión da información permitiralle buscar:
Novas relacionadas cunha nova concreta.
Contidos relacionados con un contido concreto.
Direccións de Internet relacionadas con outra dirección.
Se detecta algunha ligazón errónea agradeceriámoslle no lo faga saber a través do e-correo: info@ribeirasacrata.com