Saindo dende Ourense, seguimos as indicacións de “Terra de Lemos”, estrada OR-536 Ourense-Rua e no kilómetro 19,800 encontramonos a localidade de Esgos. Xa en Esgos buscamos o centro médico que marcará o inicio da nosa marcha.
Descrición
O recorrido ten unha lonxitude duns nove kilómetros, ten un desnivel de 800 metros, cunha dificultade media e unha duración dunhas tres horas. O recorrido pasa por Esgos, Quinta do Monte, San Pedro de Rocas, Casaldomiro e volta a Esgos.
Itinerario
Saindo do centro médico de Esgos en dirección cara as piscinas municipais, a uns dous kilómetros trescentos metros chegaremos a Quinta do Monte. Unha vez alí seguimos pola estrada de Cernada-Arcos xa en dirección o cenobio de San Pedro de Rocas. Mosteiro moi singular, datado no ano 573 é un dos máis antigos de Europa que aínda se conserva, a súa curiosidade radica en que toda a estructura do mosteiro está formada pola rocha viva na que está excavado o mosteiro. Pódese visitar a fonte que hai na rocha nas proximidades do Mosteiro. Os alrededores resultan idóneos para prácticar escalada. Xa de volta a uns oito kilómetros douscentos metros encontramonos co pobo de Calsomiro e os oitocentos metros finais para regresar novamente a Esgos.