|
Espacio natural cheo de posibilides
A Serra do Burgo constitue o límite noroeste do conxunto formado polas Serra de Queixa, San Mamede e os Montes do Invernadeiro. A altitude media das terras que descenden cara o norte ata o Cañón do Sil é de aproximadamente 1.000 metros e culmina en cumios como os que ascenden ata a Serra de San Mamede, con 1.600 metros.
Iste fermoso e montañoso límite sur da Ribeira Sacra constitue un espacio abierto a prácticas tan diversas como a equitación, o montañismo, a pesca ou o baño. Ista ampla oferta inclue un área recreativa, a de Ponte Mazaira, ao igual que varios cotos de caza e de pesca nas augas troiteras do Mao. Segundo subimos a serra de S. Mamede, encontramos un picadeiro dende onde emprender excelentes rutas a cabalo ou tamén cimas dende as que practicar amplos descensos en parapente.
Máis ao norte, o Embalse de Leboreiro, próximo ao castro celta do mesmo nome, invita a disfrutar da súa área recreativa e súa praia fluvial, a do Mao. Non lonxes, en Vilariño Frío, achanse diversos restos da calzada ou Vía XVIII do Itinerario Antonino, entre os que é necesario destacar a súa coñecida ponte romana.
|