A flora é propia da peculiar variedade climática meditarráneo- húmida da zona. Así abundan os cerquinos (Quercus pyrenaica) e os carballos (Quercus robur), e as abeleiras (Corylus avellana). A fauna ictolóxica amosa pola súa parte especies como a troita (Salmo trutta fario) e o escalo ou boga (Chondostroma polylepsis).
A herpetofauna do tipo de salamandras (Salamandra Salamandra) e tritóns comúns e verdes (Triturus boscai e T. marmoratus) é ampla e variada. A variedade de aves é especilamente rica, encontrando alavancos reais (Anas platyrhynchos) ou águias brancas (Circaetus gallicus). Entre outras especies hai que destacar o morcego montañeiro (Hypsugo savii), a marta (Martes foina), la gineta (Genetta genetta), o xabarín (Sus scrofa) e o corzo (Capreolus capreolus).
As rutas máis completas
Os diferentes itinerarios realizables incluen o recorrido polas estradas que circunvalan o espazo natural, tales como a que realiza a ruta Acibeiro-Chaveán- Rabal-Parada-Cova-Trives- Acibeiro. Aínda así, recoméndanse tamén as rutas de sendeirismo polas marxes do Embalse de Queixa, polo camiño que vai de Celeiros a Chandrexa, ou polo que dende Celeiros a San Cristovo leva ao Embalse de Guístolas.
Sorprendente río de montaña
Iste afluente do Bibei parece querer desafiar o macizo central galego, recorriendo o val de montaña situado entre a Sierra do Burgo e a de Queixa. O tramo comprendido entre os embalses de Chandrexa e Guístolas constitue un espectacular Espacio Natural que abarca unhas 3.400 has., conformando na súa veiga diferentes alturas que van dende os 660 aos 1.080m.
Boa parte do interese naturista do Navea, ademáis da súa enorme riqueza botánica, reside no bosque de caducifolios que rodean o seu curso. Pola súa parte, as empinadas ladeiras dos seus vals tradúcense na forte pendente dos seus pequenos e rápidos afluentes, que chegan a formar cascadas como as do río Dorelle, visitable dende a estrada que rodea o espazo natural polo este. O nome Navea aparece emparentado co de Navas ou Navia e formado pola raiz celta nav-, que significa veiga o cunca moi profunda. Iste sentido coincide coa forma e características da súa cunca.