O Espazo Natural do Bibei abarca 2.600 has. de val fluvial e ladeiras de forte pendente moi rochosas e accidentadas, presentando un desnivel que vai dende os 300m. do cauce do río ata os case 1.000 metros dos altos que conforman a súa vega. Diste modo, a paisaxe e as panorámicas diste entorno son a veces tan sorprendentes como as do mesmo Cañón do Sil.
A pesar do abrupto da súa orografía, a suavidade das súas condicións climáticas foi dende antigo aproveitada para o cultivo do viñedo, orixinando a fermosa paisaxe de ladeiras de bancais. En efecto, o seu clima de tipo mediterráneo-húmido de tendencia continental presenta zonas onde se pode encontrar pequenos grupos de oliveiras (Olea europaea). Etimolóxicamente, o seu nome faise derivar de Bibali, pobo celta que habitaba a veiga do mesmo río.
O ocio naturalmente
De entre as númerosas rutas de sendeirismo realizables hai que destacar o recorrido, especialmente recomendable a pé ou en bicicleta, dos chamados Codos de Larouco, seguindo o trazado da vella calzada romana que descubre unha paisaxe espectacular de abruptas pendentes. Pola súa parte, as estradas que parten de Soutipedre ou de Lentellais, pasando polo sorprendente Santuario de As Ermidas, ofrecen a posibilidade de recorrer o curso do Bibei ata o Embalse de Vao. Alí, podemos seguir a estrada que leva a Grixoa ou diferentes camiños a pé polas márxes do embalse ou, se o preferimos, podemos aproveitar tamén a posibilidade que ofrece a súa área de baño.
Un entorno natural único
A flora da zona, pertencente ao clima mediterráneo-húmido, amosa nas áreas de maleza densa e especies como os cerquinos (Quercus pyrenaica), as lúzulas (Luzula forsteri) e arbustos de flores amarelas e branca (Cytisus scoparius e C. multiflorus). Pola súa parte, no fondo do val encontramos Quercus suber, encinas (Quercus rotundifolia) e sauces (Salix spp.). Nos arredores das Ermidas hai oliveiras (Olea europaea).
A fauna fluvial comprende especies como a troita (Salmo trutta fario), a boga ou escalo (Chondostroma polylepsis) e as anguias (Anguilla anguilla). A fauna de anfibios e reptís é notablemente variada, encontrando salamandras (Salamandra salamandra), diferentes sapos (Bufo bufo y Bufo calamita) e diversas clases de lagartos. Entre as aves é preciso destacar a águia perdicera (Hieraetus fasciatus) ou diferentes mouchos. Entre os mamíferos débese citar ao lirón careto (Eliomys quercinus), o xa escaso gato bravo (Felis silvestris) ou o corzo (Capreolus capreolus).