Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Cañons do Sil
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Movil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuin
· O Saviñao
· Panton
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarin
· Quiroga
· Ribas do Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadañedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 23/10/2014
     A SERRA DE QUEIXA

Riqueza natural

En canto á súa flora, o clima continental de montaña da zona favorece a existencia da chamada Rexión Eurosiberiana de montaña galego-portuguesa. Asi, predominan os carballos (Quercus robur), os arándanos (Vaccinium Myrtillus) e os ‘piornos’(Genista florida). Nas zonas de clima meditarráneo-húmedo encontramos especies como os abedúles (Betula celtiberica), os cerquinos (Quercus pyrenaica) e as uces brancas (Erica arborea).
Entre a fauna, é destacable a existencia de ata 108 diferentes especies de aves, tales como a Perdix perdix, a Tachybaptus ruficollis, a Podiceps cristatus e a Actitis hypoleucos. Tamén se pode encontrar un bo número de águias como a real e a branca e varios tipos de falcóns. A variedade que encontramos nos anfibios e reptís de montaña é considerable, existindo diferentes tipos de lagartos e salamandras, característicos da rexión.

Sorprendente espazo natural de alta montaña

O conxunto montañoso formado polas serras de Queixa, San Mamede, Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro constitue, coas súas 53.000has., o espazo natural máis completo da alta montaña galega. Por encima de todo, a zona acolle no cume de Cabeza Grande de Manzaneda a estación de esquí de Galicia.
Esta vasta área natural ofrecenos a posibilidade de realizar un número case ilimitado de rutas de sendeirismo. O val que deixamos ós nosos pes non podía ser tamén menos sorprendente, coas súas veigas profundas e empinadas como a dos ríos Mao, Bibei, Navea e Queixa,ou os lagos dos seus respetivos embalses. Merece a pena recorrer ou rodear algún lago como o de Chandrexa, así como subir as cordais montañosas en busca das impresionantes panorámicas e da neve.

Un ampio abano de rutas e posibilidades

A subida ó cume de San Mamede é recompensada pola fauna que encontramos, entre a que destacan os numerosos cervos en semilibertade, e unha vista que abarca case media provincia de Ourense. Igualmente, unha visita ó Val do Cenza ofrecenos a posibilidade de apreciar a súa orixe glaciar. Dende alí podese apreciar boa parte das impresionantes montañas de O Bolo. Outros itinerarios, entre os múltiples realizables, podenos levar dende Trives a Cabeza de Manzaneda ou dende Campobecerros ó cume do Invernadeiro, dende onde o entorno e a panorámica son conmovedoras.
Sobre unha das crestas da Serra de Queixa encontrase ‘O Marco Cavado’, o dólmen construído a máis altitude de entre tódolos de Galicia, a uns 1.650 metros. O seu nome fai referencia a profanacións sufridas polos buscadores de tesouros. Asimesmo, non lonxe do fermoso val da Prada encontramos a zona coñecida como ‘As Arcas’, que tamén acolle varios dólmes e petroglifos.
O gran interese xeolóxico desta área pasa por descubrir os depósitos caternarios glaciais e fluviglaciais por encima dos 1.000 metros, que chegan a ser máis extensos no Cenza. Outros vales de orixe glaciar son os de Munxidoiro Grande-San Lázaro, os de Corvo do Cabalo, o de Guelianda e os de Lamas e Prada.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©