Pola súa parte, o seu clima experimenta tamén importantes variacións, mostrando a súa condición mediterránea- húmida nas ladeiras de solana ou atlántica-superhúmida nas partes máis umbrosas, como nas súas veigas e bosques ribeireños.
As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en bancais. Os bosques climáticos están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), arbustos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea),e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Abundan tamén árbores tipicamente ripícolas e propios deste clima como os bidueiro (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) e as abeleiras (Coryllus avellana).
As especies piscícolas das augas do Sil son predominantemente tres: a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Chondostroma polylepsis) e o picón (Gasterosteus aculeatus). Existe tamén en canto á fauna unha amplísima variedade de reptís e anfibios, destacando a ran patilonga (Rana iberica), a salamandra (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagartixa brava (Psammodronus algirus). O número e a variedade de aves é ainda máis interesante, destacando algunhas como o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), ou numerosas aves de rapiña como a águia caudal (Hieraetus pennatus), a águia branca (Circaetus gallicus),o miñato abelleiro (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Asimesmo, hai que decir que se encontran na zona tódalas variedades de ‘papuxa’ (Sylvia) existentes en Galicia.
Mamíferos como o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), xineta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris) constituen pola súa parte un importante aliciente para a conservación e visita deste magnífico entorno natural.
Un espacio natural único e irrepetible
A particular orografía deste espazo natural de máis de 16.000has. resulta do forte desnivel entre as augas do Sil en Os Peares (109m.) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014m.). En canto a súa xeoloxía, o Cañón do Sil ten unha orixe meramente tectónica e non fluvial. No cuaternario, ó comenzar o basculamento da peniplanicie, producironse fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así o cauce polo que flue o río Sil.
A estas características hai que añadirlle a transformación da paisaxe levada a cabo pola man do home mediante o cultivo da vide en bancais e a construcción de grandes embalses como o de Santo Estevo ou San Pedro. Desta maneira, o mosaico natural e paisaxístico que resulta desta serie de singulares características é único e irrepetible en toda Galicia.
Un número case ilimitado de rutas naturais
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recomendase recorrer a marxe esquerda do Sil, desviándose para tomar o chamado Camiño da Barca, que nos leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara o mosteiro de Santo Estevo. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a orilla do Sil onde estaba o antigo embarcadeiro que o comunicaba con outros mosteiros da 'Rivoyra Sacrata'. Outra posibilidade é ir de Sto. Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como ‘carreiro da amargura’.
O itinerario máis completo (22km.) é o que une pola ribeira esquerda do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Iste trazado unía antigamente Sto. Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da ‘Rivoyra Sacrata’, hoxe realizada polo catamarán. Iste recorrido pasa por excelentes miradores naturais sobre o maxestuoso Cañón do Sil, tales como os de Albergueria, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina.