Entre a alta montaña da Serra de Meda e o excelente mirador do Alto do Rodicio, hai unha terra de sorprendente beleza natural e puxante oferta turística. A isto añádese a cerámica máis
prestixiosa do sur de Galicia
Centro ceramista do sur de Galicia
Xunto coa de outros lugares como Buño, Bonxe o Mondoñedo, a cerámica de Niñodaguia é unha das máis recoñecidas e orixinais de Galicia. Presenta unhas características ben diferenciadas do outro tipo de alfarería da Ribeira Sacra, a de Gundivós. A de Niñodaguia destacase por haber introducido melloras técnicas como o uso do torno rápido de dúas pezas e o forno cilíndrico de abertura superior.
Esta cerámica gana en atractivo polo feito de estar vidriada, resultando en deseños e cores novedosos e ó mesmo tradicionais. Os seus motivos son variados: dende figuras, cruceiros ou hórreos ata diferentes útiles como xerras, tarteiras, almofías ou ataños para a queimada. Todo esto convirte á cerámica de Niñodaguia nunha tradición con amplo futuro e nun dos produtos artesanais máis atrativos de Galicia.
Mirador natural e espazo turístico
As terras de Xunqueira de Espadañedo están comprendidas entre a serra de Meda, ó noreste (1.323 m.), e os cumes de O Rodicio (979 m.) e de O Couso (761 m.) polo suroeste.
A Serra de Meda é un magnífico mirador para apreciar privilexiadas da Sierra de Queixa. Asimesmo, resulta un ideal entorno de montaña para a prática de actividades como a pesca da troita nas augas do río Niñodaguia ou o parapente, así como tamén para as rutas de sendeirismo e cicloturismo. Precisamente entre as ladeiras de Meda e a parroquia de Os Pensos encontrase unha área recreativa, a de As Lagas, adecuada para o baño.
O Alto do Rodicio ofrece unha espléndida panorámica das terras do val de Maceda e de Baños de Molgas.
Un dos mosteiros máis significativos
O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo é un dos principais expoñentes dos mosteiros da Rivoyra Sacrata. Foi fundado a mediados do século XII, primeiro polos agustíns e poucas décadas despois refundado polos monxes cistercenses de Montederramo. O mosteiro conserva en óptimo estado a súa excepcional nave románica e seu claustro, que foi acertadamente restaurado nos últimos anos e no que cabe destacar a existencia de varios reloxos de sol.
Na actualidade, son varios os servizos municipais que ocupan as súas dependencias, tales como unha biblioteca, as oficinas de correos ou o centro de saúde. Tamén hai que facer mención da existencia dun muiño tradicional próximo a Xunqueira, así como un importante conxunto de dólmes en Niñodaguia.