Entre a maxestuosa Serra de Queixa- San Mamede e a de O Burgo, o río Navea recorre unha terra montañosa única en Galicia, chena de posibilidades lúdicas e turísticas.
Prodixio de alta montaña
As terras de Chandrexa constituen un dos teitos de Galicia, alcanzando ao norte, na Serra do Burgo, alturas como a de Castrelo (1.073 m) ou ao suroeste, en San Mamede, outras maiores como O Seixo (1.706 m) e Os Tuleiros con 1.724 m). A esto hai que engadirle a súa proximidade á Estación de esquí de Manzaneda.
A Serra de Queixa-San Mamede resulta ideal para a realización de descensos en parapente e en invierno para a práctica de esquí de travesía. Ista área é moi recomendable para a realización de rutas, todas elas dun grande interese naturista e lúdico. Varios son os posibles itinerarios: dende Arnuide, pasando por Pena Negra e Pena da Lebre, ata as cimass de San Mamede.
Asimesmo, son espectaculares as rutas de sendeirismo do Embalse de Cenza, onde se pode apreciar o seu val glaciar, ou a que pasa por Campobecerros camiño dos Montes do Invernadeiro. É excepcional o recorrido rodeando o Embalse de Queixa, que tamén resulta apto para outras actividades como o baño. Pola súa parte, dende a estrada que de Montederramo chega a Celeiros, pasase por excelentes miradores naturais.
Un pouco de historia
A primeira referencia escrita é a bula do Papa Alexandre III en 1163 citando o priorato de Vilar como parte dos territorios do mosteiro de Montederramo. Máis tarde, en 1580, Felipe II quita o priorato ao mostiero cargando aos veciños con un imposto de 393 "fanegas" de pan que tiñan que entregar ao mosteiro. Xa en 1835 se consolida o concello de Chandrexa situando a súa capital na localidade onde residía o alcalde nomeado polas autoridades provinciales debido á igualdade de todos os pobos. 1960, mediante referéndum e propiciado pola construción do embalse ante o crecemento de Celeiros, nomease a iste pobo como capital do municipio.
Unha montaña chea de atractivos
Dada a súa condición de terra de alta montaña, Chandrexa goza de unha privilexiada situación para a caza e de unha típica e consistente gastronomía. Cabe destacar diferentes e tradicionais preparacións da carne de ovino, como o cordeiro, o cabrito, ou tamén de excelentes xamóns e chourizos. Todo isto completase con excelentes doces como a bica, as filloas, as castañas, ou os tradicionais augardentes e licorcafé.
Outros aspectos de interese son as súas tradicionais aldeas, as súas diferentes ermitas e capelas, entre as que se achan, por exemplo, as de Castéligo, ou o Museo Etnográfico de Celeiros, un dos máis interesantes de Galicia.
Merece especial mención o esfuerzo feito nos últimos anos para fomentar as diferentes razas autóctonas como a vaca rubia de montaña, de recia fortaleza, resistencia física e excelente carne, que ten o seu día grande na feira comarcal de gando de finais de xullo.