Presenciando o encontro dos ríos Miño e Sil, as terras de Pantón suxiren o esplendoroso pasado dos mosteiros distas ribeiras, nun marco natural de orixinal beleza donde cobran vida os viños da Ribeira Sacra
O ‘Vino Sacro’
Como ocorre en toda a chamada Rivoyra Sacrata, da estreita relación entre paisaxe, mosteiros e cultivo da vide resulta un dos viños de maior fama de Galicia, os Viños da Ribeira Sacra.
En tempos dos celtas e romanos iste viño era coñecido como o ouro líquido do Sil. Durante os séculos de esplendor dos mosteiros, iste viño converteuse nunha das bases da economía medieval de Galicia, así como nun protagonista de excepción do intenso tráfico fluvial que navegaba as espectaculares riberas do Cañón do Sil.
Actualmente, as terras de Pantón seguen sendo cuna dun dos viños reis de Galicia. Cunha Denominación de Orixe da Ribeira Sacra creada nos últimos anos e cun prestixo en alza, deixase ver un futuro prometedor para os Viños da Ribeira Sacra.
O poder dos mosteiros
Ribera de cinco antigos e poderosos mosteiros, Pantón é un bo exemplo do moito que significou o esplendoroso pasado da Igrexa celta galega e da chamada Rivoyra Sacrata.
O mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón foi fundado no século X e amosa aínda a súa monumental igrexa románica, unha das máis belas de toda a Ribeira Sacra e de Galicia. Tras implantar as fillas de Don Fernando Perez de Traba un convento cisterciense para mulleres de familias nobres, o mosteiro estivo estreitamente ligado ás linaxes máis poderosas do Reino de Galicia. Mostra disto, son as dúas magníficas tumbas de Don Diego e Don Lope de Lemos, ataviados con armaduras e ricamente adornados con caracteres góticos.
A tamén románica do antiguo mosteiro de S. Miguel de Eiré sobresae polo singular da súa única nave e torre e outros detalles paleocristianos. Pola súa parte, a igrexa do antigo mosteiro de S. Fiz de Cangas é unha reliquia que data probablemente de época anterior, sueva ou visigoda. Outras igrexas monasteriais son as de San Vicente do Pombeiro e Santo Estevo de Atán, fundada no século VIII aínda que reconstruída posteriormente. Ista última, por estar xa situada na ribera do Sil ofrece un excelente mirador dende o que apreciar a impresionante beleza natural distas terras.
Ligados aos Lemos e a outras familias de poder da época, o Castelo de Ferreira e a Torre de Bastide, en Mañentes, son exemplos da arquitectura militar. Asimesmo, hai que recordar que a propia vila de Ferreira está asentada sobre un dos 15 castros localizados no municipio e que na parroquia de Eiré se poden encontrar dous importantes conxuntos de dolmes. Pola súa parte, en Espasantes é posible encontrar un dos poucos petroglifos da comarca.
As 'Augas Santas' e o ‘Viño Sacro’
En torno á capela e o vello balneario de Augasantas, na parroquia de Pantón, as augas sulfurosas emerxen do interior da terra facendo donación de afamadas propiedades curativas. A afluencia de visitantes e romeiros vese acentuada notablemente coa celebración dunha romería no segundo domingo de setembro, ocasión ideal para a degustación da mellor gastronomía da zona e dos reputados viños da Ribeira Sacra.
Tampouco se pode olvidar que Pantón acolle durante o mes de xuño as Xornadas de Exaltación do Románico, punto de referencia obrigado de todos aqueles interesados en cuestións relativas ao patrimonio.