|
|
 |
|
|
As terras de Ribas de Sil son coñecidas polo seu viño de gran calidade e polo seu fermoso entorno natural
|
|
Terra de excelentes viños
Como non podía ser menos na Rivoyra Sacrata, istas son terras de antigos mosteiros e viño de reputada calidade. A vide constitue a principal produción agrícola e os excelentes viños colleitados pertencen a unha subzona da denominación de orixe dos Viños da Ribeira Sacra. Non se debe olvidar a súa degustación, nos establecementos hoteleiros ou nas súas bodegas, acompañándoos da excelente gastronomía da zona.
|
|
Dous símbolos de Ribas de Sil
Danada nas loitas entre os monxes e os cabaleiros da Orde de San Xoán de Malta asentados en Quiroga, a antiga abadía de San Clodio conserva aínda a súa nave e boa parte do seu claustro monacal. Tamén de aqueles tempos de esplendor e loitas podemos aínda admirar a súa torre.
Unha notable curiosidad de Ribas de Sil é a ponte metálica deseñado polo mundialmente famoso enxeñeiro francés G. Eifel, autor da famosa torre que leva o seu nome en París. En torno á ponte ten lugar un marabilloso espectáculo de fogos artificiais e festival de música celta durante os festexos da Asunción, festas grandes de Ribas de Sil que se celebran entre o 14 e o 16 de Agosto.
|
|
Da montaña ás ribeiras do Sil
A serra de A Moa ofrece magníficas perspectivas do encaixado val do Sil dende alturas como o Alto da Arma (1.013m.) ou o Monte Cerengo (1.286m.), ambos excelentes miradores naturais e lugares idóneos para as rutas de sendeirismo pola serra. Recorrendo ademáis a estrada secundaria que os une encontraremos ao noso paso a armoniosa igrexa de Torbeo e os castros de Nogueira e Soutordei.
Os numerosos afluentes que se precipitan dende a serra ata o Sil fan de Ribas de Sil unha privilexiada terra para a pesca, entre outras especies, das súas excelentes troitas. Na parte oriental do Embalse de Sequeiros, en Peites, atópase unha mina romana para a extracción do preciado 'ouro do Sil', parella á veciña mina de Montefurado.
|
|
|

|