Bañadas xenerosamente polo Sil e antigamente motivo de disputa polo seu ouro, as terras de Quiroga constituen hoxe unha próspera comarca agraria, vinícola e mineira, chea tamén de
posibilidades lúdicas e turísticas
Comarca vinícola e mineira
As ladeiras de solana da marxe dereita do Sil reúnen as condicións óptimas para o cultivo da vide, polo que os excelentes caldos colleitados en Quiroga pertencen a unha das cinco subzonas da denominación de orixe dos Viños da Ribeira Sacra. Existen numerosas bodegas que elaboran diferentes variedades de viño como a señorial Mencía, o Alvariño ou o Godello, todos de excelente calidade e crecente prestixo.
Por su parte, la riqueza minera de Quiroga fue explotada desde tiempos antiguos y continúa siéndolo hoy, especialmente en el sector de la pizarra, que es en su mayor parte exportada y comercializada en otros mercados. Los romanos apreciaron tanto el oro líquido de estos viñedos como el valioso metal que extrajeron de minas como la de Montefurado.
Enclave estratéxico
A importante presencia romana nas terras de Quiroga está atestiguada pola que foi unha obra de enxeñería sen comparación na Europa antiga. A finalidade: extraer o preciado ouro do Sil. A mina fluvial de ouro de Montefurado foi feita co fin de desviar o curso do río Sil e extraer as pepitas de ouro do seu cauce. Para isto foi necesario horadar todo un monte, o Pena do Corvo, e excavar nas súas entrañas un pasillo de 400 metros de lonxitude e 20 metros de anchura.
Parella a ista obra do século II, foron construidos nos últimos tempos os túneles do ferrocarril e a estrada N-120, todo o cal fai que Quiroga conserve a súa importancia como vía de acceso a Galicia dende o norte da península e Europa. Outras minas romanas son a de Augasmestas, próxima a un castro, e as de San pedro e A Margarida. Tamén o núcleo de A Ermida conserva importantes restos de edificacións romanas.
Natureza prodixiosa e ampla oferta turística
Superando os 1.600 metros de altitude, como no Pía Paxaro ou en Formigueiros, as primeiras elevacións das serras de O Caurel ofrecen múltiples e variadas posibilidades aos amantes da montaña, tales como o parapente. Tamén as rutas de sendeirismo ou o simple paseo encuentran magníficas vistas como as que se poden apreciar dende o Castro de Ares, o Alto de Aldriz ou o de Aguasmestas. Desde algúns deles podense ver Pena Trevinca ao este e as serras de Manzaneda e San Mamede-Queixa ao oeste.
Os vales son lugares privilexiados para a caza e a pesca, asombrando pola beleza dos seus bosques e sendeiros. O Lor é un dos máis prestixiados ríos galegos para a pesca da troita, se ben hai cotos de troitas e anguias noutros ríos como o Quiroga.
Lugar de entrada de peregrinos a Galicia
Como non podía ser doutra maneira na Rivoyra Sacrata do Sil, Quiroga viviu momentos de esplendor medieval e apoxeo como entrada a Galicia dos peregrinos de Castila que seguían en Portomarín o Camiño de Santiago. Distes florecentes tempos queda o Hospital de peregrinos de Quiroga.
Merece a pena a visita ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, construido sobre unha ermida paleocristiá onde fora achado o chamado Crismón de Quiroga, hoxe no Museo de Lugo. Magnífico é tamén o conxunto situado sobre unha rochosa peña en Sequeiros: o Castelo da Encomenda. Digna de mención é tamén a capela sueva de San Xoán do Hospital, anexa a unha Casa-Torre do século XII.