Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Cañons do Sil
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Movil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuin
· O Saviñao
· Panton
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarin
· Quiroga
· Ribas do Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadañedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 02/09/2014
     CHANTADA
Dende a Serra do Faro caen as terras de Chantada a través de numerosos ríos ata os sucalcos de vides das ribeiras do Miño. A vila de Chantada, antiga vila señorial dos Condes de Lemos, é o centro dunha puxante comarca vinícola, agrícola e ganadeira.
A ribeira do Miño

As terras de Chantada reciben ao Miño aproveitando a súa forza e enerxía gracias á formidable muralla do Embalse de Belesar, o máis grande de Galicia. As amplas marxes e o abundante caudal fan diste tramo do Miño un lugar ideal para os variados deportes náuticos.
Resulta de enorme interese paisaxístico o recorrido por varias aldeas como as de Belesar, A Sariña e Nogueira de Miño. Por Líncora pasa unha vella calzada romana que continua nunha ponte sumerxida tras a construción da central hidroeléctrica. A típica paisaxe de ribeiras esculpidas polos bancais e tinxidas polas diferentes cores das vides obriga á admiración e ao deleite. Aquí é onde se colleita a variedade chantadina dos Viños da Ribeira Sacra, de gran calidade e crecente prestixo.

Os espacios naturais dos ríos Enviande, Lama

Baixando da serra cara o nacimento do río Enviande, as parroquias Monte e Argozan amosan as súas fermosas capelas románicas. En Arcos encóntrase a Torre que formaba parte dun castelo derrumbado durante as Guerras Irmandiñas e máis adiante Mouriscados ofrecenos as súas virtuosas augas, famosas polas súas propiedades curativas. Todo o curso do Enviande é famoso tamén polas súas excelentes truchas.

O río Lama llevanos ao paso dos seus saltos dende a igrexa románica de Muradelle ata o meandro que se abre cara Fornas. Alí merece a pena descubrir un dos máis típicos eremitorios da Ribeira Sacra, que conta con sarcófagos antropoides excavados séculos atrás nos seus chans de pedra, semellantes aos de San Pedro de Rocas.

O río Asma baixa cara o Miño dando nome a varias parroquias e ao principal mosteiro de Chantada, o benedictino de San Salvador de Asma. Iste mosteiro foi fundado no século X sobre as ruinas dun castelo que defendía aquelas terras dos invasores normandos. Máis tarde recibiu os favores de reis galegos como Fernando II e contribuiu á produción de viño e ao intenso tráfico fluvial que caracterizou o esplendor da ‘Rivoyra Sacrata’.

Na vila de Chantada merece a pena o ocio en conxunción co río na área recreativa do Campo de Sanguñedo ou recorrer o barrio histórico do Cantón en compaña dun bo viño e da afamada gastronomía chantadina.

Non lonxe de alí, San Fiz de Asma ofrece unha das más fermosas panorámicas de toda a ribeira do Miño.

Unhas festas únicas

As festas patronais de Chantada, as Festas do Carme, o cuarto fin de semana de Agosto, ten lugar unha festa única en Galicia, un curioso acto folclórico: "O Folión de Carros", consistente nun desfile de carros do país tirados por vacas, nos que se escenifican e satirizan escenas propias da comarca como: A Vendimia, Os Oleiros, O Muíño, etc. Todo isto podemolo ver o primeiro día de festas. O último día celebrase a "Festa da Empanada" na cal todo o pobo se congrega nun campo a comer un dos pratos típicos da vila: a empanada.
Outras importantes citas son a Feira do Viño en marzo e as romerías de San Lucas en Castro de Amarante (18 outubro) e a da Romería do Faro (8 setembro) na cal se sube a Virgen de Nosa Sra. do Faro a unha ermita do século XVIII situada na cima do Monte Faro.

A paisaxe de Montaña: A Serra do Faro

Requeixo, coa súa bela igrexa románica, é un bo punto para iniciar o camiño cara a Serra do Faro. As diferentes rutas de sendeirismo gozan de excelentes vistas nos seus cumios, algunha delas coroada por sobrias ermitas de montaña. A área recreativo-deportiva que se acha ao norte invita á práctica de actividades como o ala-delta e o parapente.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©