Auténtico enclave de enxeñería natural, as pronunciadas ladeiras de Carballedo xogan a modo de paisaxe laberíntico e maxestuoso co Miño, preparándoo para o seu encontro co Sil en Os Peares. Un ritual inesquecible
Terra gandeira e vinícola
Carballedo é un importante enclave xerador de enerxía hidroeléctrica e potenciador dunha cabana ganadeira que pula con forza polas razas autóctonas e as carnes da mellor calidade. As augas do Miño bañan istas terras onde se colleitan algúns dos Viños da Ribeira Sacra. A zona do Embalse de Os Peares, o máis antiguo de Galicia, ofrece unha vista espectacular d Miño e da súa confluencia co Sil.
Un paseo polo patrimonio sacro
Ligados ao esplendoroso pasado monástico da 'Rivoyra Sacrata',
os antigos mosteiros ribereiños de Couzán e A Cova foron en tempos obxeto das donacións e favores de varios reis de Galicia. As súas igrexas están consideradas dúas xoias do románico galego. Declaradas monumentos nacionais, tiveron que ser trasladadas para non resultar sumerxidas tras a construcción do Embalse de Os Peares.
Protagonistas das convulsas revoltas campesiñas e burguesas dos Irmandiños son as Torres de San Román, na parroquia de Campos, e a Torre de Grixoa, na parroquia de Chouzán.
Testigos do primitivo poboamento distas terras son os diferentes conxuntos de dolmes e medorras descubertos ata agora, como a Medorra da Pastoriza en A Cova ou o chamado Monte dos Mounillos en Lousada. Entre a decena de castros, os de Buciños, o de Bearcos ou o de Murgade poden dar unha idea do importante asentamento celta na zona.
A aventura natural
En diferentes puntos da Serra do Faro, cumbres como Penedo dos Millos (1.041 m.) o Penas Grandes (1.106) posibilitan a realización de interesantes rutas de sendeirismo así como a práctica do parapente. Partindo das estribacións da serra, os rápidos e profundos cursos fluviais dos ríos Búbal e Fondós atravesan istas tierras rodeados de típica vexetación rupícola como sauces, chopos ou abeduis e constituen un excelente entorno natural para o recreo e a pesca das mellores troitas.
Asimesmo, o potencial cinexético distas terras ponese de manifesto na existencia de diferentes e importantes cotos de caza menor, excelentes para a caza de especies como a perdiz, o coello e a lebre.
Merecen especial mención os espacios ecolóxicos das ribeiras do Búbal e as carballeiras de Cartelos, de gran interese naturista e paisaxístico, que constituen magníficos cotos para a caza do rapose e do xabarín.