Un castelo, que pola súa posición estratéxica sofreu incontables batallas, hoxe convertido nun lugar de encontro e cultura.
Como chegar, orixe e historia
Para chegar a Castro Caldelas desde Ourense, tomaremos a estrada C-536 Ourense - A Rúa, e a uns XX Km. encontramonos con esta localidade. A fortaleza encontrase no centro da vila moi integrado con ela, “O Castro”, rodeado de rúas empedradas formadas por antigas construcións restauradas en gran parte, que dan unha ambientación medieval.
Históricamente remontamonos ao século X cando a familia Gutier Menéndez se fixo coas terras de Caldelas gracias ás donacións dos reis Sancho Ordoñez, Ramiro II e Ossino. Fernando II en 1.172 e Alfonso IX en 1.228 convirtena en vila de realengo para posteriormente no século XIV pasará a mans dos condes de Lemos. Nas Revueltas Irmandiñas derribase parte da fortaleza que se reconstruirá a base de subir os impostos. Xa na Guerra da Independencia ordenase incendiar a vila e o castelo, incendio que destruiu gran parte da documentación que nel se gardaba sobre historia da comarca. En 1.794 pasa a pertencer á casa de Alba e o castelo estivo habitado ata o século XIX. Foi declarado monumento histórico artístico en 194. En 1992 la Fundación Casa de Alba entregouno ao Concello de Castro Caldelas para o seu aproveitamento como espazo cultural de usos múltiples. Coménzase a restauración nas súas excavacións encontranse vidro derretido nun incendio na invasión francesa, bolas de pedra lanzadas na revolución irmandiña, osos, moedas,... con isas pezas formase o museo que hoxe alberga.
Descrición arquitectónica
A pranta está perfectamente adaptada ao terreo formando un polígono irregular. Da edificación primeira só se conservan as murallas, tres torres, a casa do administrador e o patio de armas. Polos muros encontramos multitude de escudos como referencia aos distintos propietarios del, así vemos un escudo formado por dous lobos (Los Osorio), seis roeles (Los Castro), un león rampante (El Reino de León), un castelo (Reino de Castilla). Tamén encontramos a letra grega “tau” símbolo da Orde dos Templarios.
Unha vez entremos encontraremonos no patio de armas onde veremos os corredores abalconados, no centro o pozo ou alxibe. A torre da homenaxe, a torre do reloxo onde vemos a súa antigua maquinaria funcionando. A muralla onde contemplaremos unhas vistas de toda a comarca.
Xa de novo abaixo no patio sur, veremos un reloxo de sol e restos arqueolóxicos.
Museo, exposicións e actividades
Hoxe o castelo está convertido nun museo no que se poden ver obxetos encontrados durante as distintas fases (ainda non finalizadas) de restauración e reforma, podemos encontrar moedas de distintas épocas, fragmentos de cerámica, xoias, armas, utensilios de cociña, etc. Tamén alberga distintas salas un museo etnográfico nas que podemos admirar os elementos para traballar o liño como rocas, teares, rodas de afiar, tamén apeiros de labranza e ferramentas de carpintería. Dentro das exposicións permanentes destaca o estudo arquitectónico da comarca onde podemos ver gráficas e fotografías do proceso de reconstrución do mosteiro. Tamén se organizan actividades de teatro, musicais, e exposicións temporais.
Esta aberto ó publico todolos días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 o castelo e a oficina de información; De 14:00 a 16:00 h. esta aberto o acceso ó patio, murallas e corredores da fortaleza.