|
Como chegar
Para chegar o mosteiro colleremos a N-120 Ourense-Monforte, e no Km. 33 tomaremos un desvío na dirección Pantón por LU-4106 durante 2 Km., cruzaremos esta localidade e atoparemos un pouco mais adiante a man esquerda co muro que rodea o mosteiro.
Por unha porta aberta no medio da muralla pasaremos a un patio e xardíns. No edificio principal pódese solicitar as relixiosas da orden de clausura de San Benito que nos deixen visitar a igrexa que atoparemos en moi bo estado de conservación, tamén desde unha porta protexida cun cristal poderemos admirar o estupendo patio interior.
|
|
A súa historia
A primeira constancia escrita do lugar data dun documento de 1108 que sitúa en Pantón un cenobio, falase de que en tempos de Alfonso I, o señor da casa de Lemos posuía nas súas terras un mosteiro de Monxas y Monxes da orden de San Bieito baixo a advocación de Santa María. Máis tarde, pasou a pertencer a orden del Cister.
|
|
Na actualidade
Pódese solicitar visitar o mosteiro de dez de la maña a una do mediodía e pola tarde de catro y media a sete. É obxecto de visita, o claustro, o templo e o seu entorno exterior. A comunidade de relixiosas que alí vive ofrece un servizo de hospedaría fundamentalmente a mulleres que queiran integrarse e vivir a experiencia monástica.
Tamén nas proximidades encontrase el mosteiro de San Miguel de Eiré, singular pola sua única nave e por detalles paleocristiáns, o templo de San Fiz de Cangas, as igrexas de San Vicente de Pombeiro e San Estevo de Atán, fundada no século VIII.
|