Castellano · Galego
Novas
Contidos
Internet

· Ultimas novas
· Axenda

· Lugares
· Arquitectura
· Natureza
· Galerías fotográficas

· Hoteis e Hostais
· Apartamentos
· Turismo rural
· Campismo

· Restaurantes

· Estación de Montaña

· Historia
· Persoeiros
· Literatura
· O Viño

· Mapas

· En Manzaneda
· En Galicia

· Webcam - Portomarín
· Webcam - Manzaneda
· Webcam - Ourense Fixa
· Webcam - Ourense Móbil
· Fondos de escritorio

· A Peroxa
· A Pobra do Brollón
· A Teixeira
· Baños de Molgas
· Carballedo
· Castro Caldelas
· Chandrexa de Queixa
· Chantada
· Esgos
· Maceda
· Manzaneda
· Monforte de Lemos
· Nogueira de Ramuín
· O Saviñao
· Pantón
· Paradela
· Pereiro de Aguiar
· Portomarín
· Quiroga
· Ribas de Sil
· Sober
· Taboada
· Xunqueira de Espadanedo

· Finisterrae.com
· Rías Baixas

Creative Commons License


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
10º Ano - 2ª Epoca - 19/07/2018
     FILLOS SOBRANCEIROS DE MACEDA
Maceda posúe unha nómina de persoeiros relevantes dende a Baixa Idade Media hasta os nosos días
Afonso X o Sabio

, comezando polo rei Afonso X o Sabio. Ao seu preceptor Garci Fernández de Villaldemiro concedeulle o rei Fernando III unha vila en Manzaneda de Limia (Maceda) con todos os seus termos e cos dereitos do fisco rexio, o 18 de agosto de 1232. O bispo Pedro Iáñez de Nóvoa gobernou durante case medio século a sé episcopal. Os seus subalternos prendéronlle lume ao convento primixenio dos franciscanos nunha das etapas máis belicosas das historia de Ourense. Aportou -despois de morto (1308)- un fermoso legado patrimonial á cidade: o novo convento e igrexa de San Francisco, na que os Nóvoas (señores hexemónicos de Maceda) se reservaron o dereito de sepultura.

Os Nóvoa

O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) amósase como un galego universal, o máis relevante do século XVI. Foi alcaide de Lisboa, diplomático e descubridor (Trindade, Ceilán, Juan de Nova Island, Santa Helena e Ascensión). Comandou o buque insignia da Mariña Portuguesa (nao “Frol de la Mar”) na Carreira da India. Estivo en primeira liña na Batalla Naval de Diu (1509), que foi transcendental para os intereses políticos, comerciais, xeoestratéxicos e militares dos portugueses en Oriente.

O condado de Maceda concedéronllo a Alonso de Lanzós e Nóvoa en 1654. O III conde Xosé Benito de Lanzós e Nóvoa, que acadou a grandeza de España de 1ª clase en 1710, está soterrado no santuario da Virxe da Barca en Muxía. O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco foi gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra na época de Felipe V. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, faleceu na Batalla de Medina de Rioseco ao comezo da Guerra da Independencia (1808).

Escritores relevantes

Maceda tamén conta con importantes escritores. O Precursor Xosé García Mosquera foi un poeta trilingüe (galego, castelán e latín) e tamén o bardo oficial da cidade de Ourense no século XIX. O catedrático Manuel Vidal escribíu no primeiro terzo do século XX varios libros en galego. Amósase como un crego ilustrado que tamén fixo novelas en castelán, monografías e manuais de lingua e literatura. Na II República agromou o poeta Xosé Lois Parente que tamén foi un activo columnista e militante do Partido Galeguista. O ilustrado Francisco Carballo amósase como mestre de toda unha escola de historiadores. No ano 2000 foi declarado “Fillo más sobranceiro vivo do Concello de Maceda”. Hogano Maceda conta cun dos Grandes das Nosas Letras. Xoán Babarro, autor de máis de medio cento de libros, é membro da Real Academia Galega e un dos pioneiros a prol da galeguización do ensino.

Seculo XX

O cardeal Fernando Quiroga Palacios naceu en Maceda cando comezaba o século XX. Foi, xunto con Xelmírez e Fonseca, o prelado máis relevante da historia de Galiza. No eido político salientariamos a Benigno Álvarez, o líder do Partido Comunista nos anos 30 e a Xosé Gómez Ganoso, o xefe político-militar da guerrilla antifranquista.

# Enlace permanente a este contido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Contidos relacionados
 




· Centro Comercial

· Ano 2003
· Ano 2004
· Ano 2005
· Ano 2006
· Ano 2007
· Año 2008
· Ano 2009
· Ano 2010
· Ano 2011


info@ribeirasacrata.com
Tlf.: 902 23 31 31
By Abertal ©