A Ribeira Sacra viu nacer a un dos polígrafos mais sobranceiros de Galicia e da Europa do seu tempo. Autor dunha extensa e anovadora obra, as súas ideas ilustradas e notablemente avanzadas leváronno a ser conselleiro de reis e forxador do pensamento da súa época
Unha mocidade ligada á Ribeira Sacra
Benito Xeronimo Feixó e Montenegro naceu no pazo da parroquia de Casdemiro, no Pereiro de Aguiar, en 1676. A súa mocidade tanscorreu nesas e nas veciñas terras das ribeiras do Sil, cursando os seus primeiros estudios na chamada ‘Escola de santidade’ do Mosteiro de Santo Estevo.
Aos catorce anos transládase ao Mosteiro de Samos, onde é ordenado frade da Orde dos Benedictinos dous anos mais tarde, a idade de dezaseis. Dai aos 33 anos pasa a súa vida nos mosteiros de Poio e do Lerez. Neste último imparte aulas aos futuros frades, entre os que se atopa o seu discípulo e igualmente egrexio polígrafo Padre Frei Martiño Sarmento. Mais tarde acada a cátedra de doutor en Sagrada Teoloxía na Universidade de Oviedo, cidade onde será nomeado Mestre Xeral da Orde Benedictina e por dúas veces abade do seu Mosteiro de San Vicente.
Home de Estado e precursor da Ilustración europea
Sendo xa o seu pensamento un dos mais influntes do estado, ofrécenlle as Abadias de Samos e San Martin de Madrid, asi como un bispado en América posto a sua disposición por Felipe V en persoa, pero sen que el aceite nengunha destas propostas.
Feixó acada a categoría de home de Estado ao ser nomeado membro do Consejo de Castilla, consello de real do monarca Felipe VI, quen tamén prohibiu persoalmente os ataques e censuras da Inquisición contra a progresista obra de Feixó. Desta maneira, as opinións do frade adquiren o valor de ‘palabra do Rei’, ainda que non por iso fican exentas de gran polémica. O insigne poligrafo e estadista falece no Mosteiro de San Vicente de Oviedo en marzo de 1764, aos oitenta e sete anos de idade.
Unha obra fecunda e influinte
A extensa obra de Feixó amosa un caracter ilustrado, mesmo un tanto precoz e avanzado para o seu tempo, así como pedagóxico, divulgador, práctico e enciclopedista, abranxindo un vasto campo do saber que vai desde a filosofía e a medicina, pasando pola etnografía e a economía, ata o dereito e a política.
A sagacidade, lucidez e intuición exprimidas nos numerosos volumes dos seu Theatro Critico Universal e das súas Cartas eruditas e curiosas valéronlle o recoñecemento unánime e o repeito dos seus contemporáneos. Por todo isto, non cabe dúbida de que o Padre Feixo foi un preclaro home de avanzado progresismo, forxador da súa epoca e precursor da Ilustración Europea.