Saimos de Ourense seguindo as indicaciones de Terra de Lemos, tomamos en Castadón o desvío cara Luintra, e unha vez alí a estrada dirección Esgos. A uns seis kilómetros chegamos á entrada de Loña do Monte. A uns douscentos metros da igrexa parroquial encontramos a sinalización de inicio de ruta.
Descrición
O recorrido ten unha lonxitude duns nove kilómetros e medio, ten un desnivel de novecentos cincuenta metros, cunha dificultade media-alta e unha duración dunhas seis horas. O recorrido sae de Loña do Monte e pasa por A Moura, Ermida da Virxe do Monte, Requeixo, e regreso a Loña do Monte.
Itinerario
Antes de comezar o camiño podemos ver en Loña do Monte a arquitectura popular e a igrexa barroca. Tamén en Vilouriz un cementerio galaico-romano. Iniciamos o camiño en dirección A Moura cunha larga subida onde nos encontraremos a ermida da Virxen do Monte e tamén destacaremos moi próximo a isto o desvío de Vereda Maiore, camiño de orixe romano ou o castelo de Vitoria.
Continuaremos ata as fontes do Loña, unha fraga bañada por varios regatos que se unen formando o rio Loña que posteriormente formará parte do rio Miño. Seguimos ata Requeixo, para terminar finalmente de novo en Loña do Monte.