Saimos de Ourense seguindo as indicacións de Terra de Lemos, tomamos en Castadón o desvío cara Luintra, seis kilómetros antes de chegar a Luintra encontramonos con Faramontaos. Aí buscamos unha pequena praza que será o noso punto de inicio da marcha.
Descrición
O recorrido ten unha lonxitude duns seis kilómetros setecientos metros, ten un desnivel de quinientos cincuenta metros, cunha dificultade baixa e unha duración dunhas catro horas. O recorrido sae de Faramontaos e pasa por Pacio, A Cavada, Nigueiroá e regreso a Faramontaos.
Itinerario
Unha vez en Faramontaos, camiñamos por un camiño de terra ata o lugar de “Corniño da Serra, onde está ubicado o deposito de auga, descendemos por Curveira Regalada onde encontraremos petroglifos prehistoricos. Continuamos camino cara as “Dornas e a continuación dirección Nigueiroá camiñando por un pasillo de árbores. Dende aquí seguimos á ermida do Carpazal. Para terminar xa a nosa ruta regresando a Faramontaos. Aquí cabe destacar a antiga casa rectoral que data de finais do século XVIII con unha entrada barroca e arco recto. Tamén a igrexa parroquial de Sta. María de Faramontaos construción do mesmo século. Así como un cruceiro e se nos sentimos con ganas podemos acercarnos a Outeiro de Castro a observar unha fortificación protohistórica.